ACTIVIDADES INVERNO
O ciclo das estacións segue pasando, e unha vez rematado o outono damos comezo ao inverno.
Deixovos aquí unha serie de actividades levadas a cabo na clase relacionadas con esta estación do ano.
BUFANDA DE INVERNO: xa cehegou o frío e, cando saímos á rúa hai que ir abrigado. Por iso decidimos facer unha bufanda para ter quentiño o pescozo e non coller catarros. Con esta manualidades aprendimos o que é unha liña curva e unha liña recta, unha liña pechada e unha liña aberta; despois de percorrer estas liñas co noso vehículo imaxinario decidimos facelas decorando a nosa bufanda. Ademáis de quientiñas quedaron chulísimas.
MESA SENSORIAL DE INVERNO: diferentes texturas e diferentes sensacións: HÚMIDO E FRÍO, sensacións características desta época do ano e que os nosos pequenos e pequenas puideron sentir coas nosas mesas sensoriais. Tamén fixemos neve para poder colocar na nosa mesa sensorial.
PAISAXE DE INVERNO: simulamos unha paisaxe de inverno: unhas casiñas nun bosque mentras nevaba e un boneco de neve. Quedaron así de chulos.
A NOSA ÁRBORE INVERNAL: seguindo coas cores do outono e traballando a motricidade fina e a coordinación óculo-manual confeccionamos a nosa árbore de inverno entre todos.
O INVERNO DE VIVALDI: levamos a cabo un musicograma coa obra "O INVERNO" de Vivaldi.
REPRESENTACIÓN INSTRUMENTAL DE CANTIGA DO INVERNO "FRÍO": ademáis de seguir o ritmo da música, nesta ocasión tocamos coas claves.
No hay comentarios:
Publicar un comentario