Esta semana chegou á nosa aula un mapa de bandeiras que tivo moito éxito, xa que hai algún futbolista no grupo que coñecía bastantes. Tendo en conta que o PDI deste curso está dedicado ás viaxes, pareceunos interesante coñecer as bandeiras dalgúns países. Así, a medida que as coñecen, tamén van aprendendo a situar os países no mapa, sempre tendo en conta a súa idade e o seu ritmo.
Tamén celebramos o aniversario de Izan, que xa cumpriu 6 aniños. Pouco a pouco imos facéndonos maiores e xa non queda nadiña para a nosa entrada en Primaria!!
E por último, hoxe celebráronse os Maios na escola, así que fixemos a nosa grinalda de margaridas e ao ser os maiores de Infantil, tocounos levar o Maio ao parque de herba da entrada da escola. Este foi un momento moi emocionante! (Moitas grazas familias pola colaboración).
Coas flores que sobraron, fixemos unhas bolboretas para decorar a nosa clase e tamén un lienzo que pintamos e no que hoxe colocamos as flores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario