lunes, 24 de abril de 2023

ANIMAIS E PLANTAS NA AULA DOS BOMBEIROS E DAS MARGARIDAS!!

 




Coa chegada da primavera Bombeiros e Margaridas, parte espontáneo e parte programado, estamos a aproveitar todo o que a natureza nos aporta nesta estación que como veredes... É MOITO!.

Comezamos, días antes das vacacións de Semana Santa, recibindo as larvas dos vermes da seda que nos aportou Hugo e a sua familia. Eran tan pequerrechas que apenas se vían entre os agromos das follas de moreira. O certo é que estes animaliños teñen tantas ganas de medrar que case nacen antes de que ás moreiras lles medren as folliñas. Así que tivemos que pescudar por todo o pobo as árbores de moreira que estiveran máis botadas.

Empezamos a lembrar os coidados que necesitan pois no curso pasado, por estas datas, tamén coidaramos vermes de seda pero... tiñamos un reto ante nós: iamos de vacacións e... onde as deixaríamos?, quen as coidaría?. Hugo quíxose facer responsable pois non ía ir marchar da casa estas vacacións e algúns dos seus compañeiros e compañeiras si o farían.

Xa de volta e... convertidas en vermes pequerrechos pero con moitas ganas de comer e medrar, compartímolos cos nosos compis da aula das Margaridas. Así que... aquí estamos todos, cada día, dando aos nosos vermes da seda moitos coidados, comida e mimos. E... mirade como medran!!


E como podedes observar aos vermes da seda trouxémoslles compaña 😀. Uns cágados procedentes de Ombre que tamén coidamos con moito agarimo. Estamos desexando que se convirtan en rás pero como nos dí este vídeo... teremos que esperar bastante tempo.
E pouquiño a pouco, aproveitando o bo tempo co sua coloriña e a orballada da noitiña, decidimos aumentar o contacto coa natureza. Nesta ocasión o obxectivo é que REUTILIZANDO botellas transparentes como maceteiros poidamos crear a nosa HORTA PARTICULAR. 
Un dos nosos recunchos estrela é o da experimentación e, logo de amosar nel como sería unha plantación real de patacas, cebolo e fabas e todo o que necesitaríamos para a mesma, traspasamos isto as nosas "macetas recicladas".
Ademáis como o nome dunha das nosas aulas é Margaridas pois... sementamos margaridas! que esperamos poder levar para as nosas casas xa medradas. Porque... aínda que esto da sementeira e da plantación semella doado, son moitos os factores que inflúen no nacemento de desenvolvemento dunha planta: xeito de plantala, auga, sol, vento, coidados...
Desexamos que gocedes das imaxes coma nós da experimentación coa natureza nestes días.
PREPARAMOS E ABONAMOS A TERRA 
Despois de pensar sobre o que é o "abono" e como podemos conseguilo: acumulando as mondas de plátano, mazá, laranxa, patacas, follas... co que conseguimos o "compost" ou aproveitando as "cacas do animais" que se mesturan con herbas, chegamos a falar da función que fan as cacas de can no campo e de como debemos recollelas cando o noso can fai caca na rúa.
 E coa terra, o abono de cabalo, as sementes e plantas dispuxémonos a traballar...
SEMENTAMOS PATACAS:
Previa observación do gromo do que posteriormente sairá a planta da pataca e facendo un pequeno rego na maceta.
SEMENTAMOS FABAS:
Observando a semente e o minúsculo puntiño polo que xurdirán a raiz e a planta da faba. 
SEMENTAMOS CEBOLO:
Á planta do cebolo e moi olorosa e... gústalle durmir! polo que tivemos que facerlle unha camiña. Mirade como descansan co seu bulbo ben tapadiño.
E como podedes observar
non nos esquecimos de regar!!
SEMENTAMOS MARGARIDAS:
As botellas que cada bombeiro e margarida trouxemos servíronnos para elaborar unhas orixinais macetas. Unha parte para sementar margaridas e a outra para pendurar leitugas e flores. Ollade, ollade!!
TRANSPLANTAMOS LEITUGAS:
Para que medren moito máis e poder facer unha boa ensalada debemos poñer a planta da leituga nunha maceta un chisco máis grande. Penduradas da vaia da nosa escola de seguro que terán "o ceo alto".
E agora... imos coas flores!!
DIVIDIMOS E TRANSPLANTAMOS "ESTRELAS DE BELÉN":
Hai plantas que nacen moi xuntiñas formando acios de bulbos. É o caso dunhas espigas brancas que semellan pinas. Mirade cantas plantas sacamos de unha soa!.
 QUE FERMOSO LOCE O NOSO HORTO-XARDÍN!!
Pero... tamén descubrimos que hay plantas que utilizamos para dar sabor á comida cando a cociñamos. Son as PLANTAS AROMÁTICAS. Nós coñecimos e ulimos o romero, a menta e o orégano.

SEGUIREMOS INFORMANDO DA EVOLUCIÓN DE TODOS OS NOSOS "SERES VIVOS". NON NOS PERDADES DE VISTA!!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario