domingo, 9 de abril de 2023

SEGUNDO TRIMESTRE NA AULA DOS BOMBEIROS

Na aula dos Bombeiros iniciamos o segundo trimestre estreando estación. Este INVERNO lembramos sobre todo que foi bastante frío, tanto que ao saíres ao patio super abrigados recoñecíamos o patio ao que nos tocaba ir xogar definindoo como POLO NORTE (o patio do tobogán) E POLO SUR (o patio das motos). Hai que dicir tamén que o estudo do PDI "Couceiristas polo mundo" deunos unha pista para denominalos así.
    Continuando coas estacións como eixo que marca os tempos das nosas vivencias na aula seguimos, a traverso delas, fomentando o desenvolvemento: musical, psicomotriz-artístico, lingüístico e afectivo-relacional. Vede aquí algunhas mostras disto.

O INVERNO COA MÚSICA DE VIVALDI
ADORNAMOS O CORREDOR COA NOSA BUFANDA.
AS CORES DO INVERNO NA NOSA ÁRBORE.
POESÍA DE INVERNO PARA COÑECER E APRENDER.

DESCUBRIMOS COMO PODEMOS DIVERTIRNOS NO INVERNO. 
Coa imaxe dun boneco de neve super orixinal (fixádevos moi ben), feito aproveitando a neve de O Bierzo, (Fabero) e coñecendo variados deportes de inverno: esquí, esquí de fondo, snowboard, patinaxe sobre xeo...

SOMOS BONECOS E TEMOS MOITO FRÍO... "MI MUÑECO MARCELINO".
Camiñamos no mes de xaneiro e chegamos ao día da PAZ
A traverso dun pequeno coloquio falamos do que significa para nós a paz e dímonos conta de que para construir a paz debemos coñecernos a nós mesmos e tentar controlar moitas veces o noso corpo, os nosos xestos e ata os nosos sentimentos. 
Así nolo di a canción "Siente la paz" que escoitamos e xesticulamos na clase.
O xesto da pomba da paz tamén nos servíu para pasar un momento divertido xogando coas sombras aproveitando o soliño que nos entraba pola fiestra.
Despois, ademáis de ensaiar a cantiga coa que todo o cole nos uniríamos para celebrar este día, aprendimos como se di paz en turco, decoramos o corazón correspondente a esa palabra que adornaría o mural conxunto e fixemos unha pequena manualidade na que plasmamos a persoa, que para nós, merece gozar dun mundo en paz. Quedounos todo precioso!
Ah!. E tamén quixemos desexar a PAZ para todo o mundo deseñando o noso particular planeta terra que sostemos cada un de nós xunto a tres nenos e nenas máis, en representación de todos os nenos e nenas da terra.
E avanzando no tempo chegou o ENTROIDO. Logo de coñecer o entroido tradicional galego comezamos a traballar no noso disfrace que centramos no Proxecto Documental Integrado. Deste xeito todos os nenos e nenas de infantil portamos o noso mundo.
    Aquí vai un pequeno resumo dos preparativo e goce nestas datas:
OBRADOIRO
Agradecer enormemente a participación e interese das familias no obradoiro proposto para a ocasión. Foi unha tarde distendida cun obxectivo común na que houbo tempo, ademáis de traballar, para lembrar vellos tempos  dalgunhas familias no cole. 

MANDADIÑOS
O esqueleto Manolo iniciou a animación desde o venres ao xoves coa idea de que cadaquén se ataviase co necesario para viaxar a onde lle petase. Desde roupa a complementos Manolo foinos guiando para que non nos faltase de nada. O encargado do día le a mensaxe e os demais axudamos na sua interpretación.

DESFILE
A saída pola vila veu recuperar a tradición do Couceiro Freijomil de inaugurar o entroido. Saímos moi ilusionados e o certo é que o fixemos xenial. De seguro que vos estades de acordo con nós. Non si?.



LARPEIRADAS DE ENTROIDO
E despois da nosa actuación veu o mellor... recargamos baterías cos doces típicos de entroido que todos ensinamos ben fachedosos gozando da compaña dos nosos amigos da clase das Margaridas. Estaban boísimos!!
QUEIMA DO ENTROIDO
E para rematar á volta das vacacións viñemos disfrazados libremente e listos para a queima do noso entroido. Pero antes... tivemos que despedirnos del, por suposto, ata o vindeiro ano!.
Coma no primeiro trimestre seguimos gozando, aprendendo e reforzando o aprendido en calquera lugar e de diferentes xeitos PATIO OU OS RECUNCHOS DE APRENDIZAXE, INDIVIDUALMENTE OU EN COMPAÑÍA.
Un ratiño moi especial do noso tempo diario adicámolo á hora de ler. Xa empezamos a animarnos a lerlles contos aos nosos compis, imitando aos compañeiros máis maiores que nos veñen ler os luns. Aquí xa leramos uns cantos de nós este conto e aínda que o repitamos unha morea de veces, como podedes ver cara ao final do vídeo, algún reclama que agora lle toca lelo a el.
É visto que cada xornada no cole aprendemos algo novo. Tócalle o turno agora á MÚSICA. Este trimestre coñecimos instrumentos de percusión (a nosa compañeira Xoana ensinounos a tocar a pandeireta), iniciámonos nalgún que outro ritmo, traballamos o musicograma de inverno, descubrimos as calidades do son: agudo e grave (como o trombón de baras e a voz do profe Javi), percutimos con vasos (guiados polos magníficos músicos de Ba-Ba Música) e ata aprendimos a bailar a Tarantela e o Tango... 
Pero sen dúbida co que gozamos un montón foi coa clase de música que nos deu Fini, a avóa de Nora. Margaridas e Bombeiros coñecimos en vivo o violín, o instrumento de Vivaldi, puidemos tocalo e tamén acompañar a súa música coas cantigas "Debajo un botón" e "Estrellita". Moitas grazas Fini polo teu tempo e por ensinarnos tanto.
Que emoción!!. Agora somos nós, verdadeiros violinistas.

O 23 de febreiro conmemórase o aniversario de Rosalía de Castro. Nós celebrámolo o día 3 de marzo por todo o alto. Días antes tivemos tempo para coñecer a nosa poetisa galega e a sua obra da man de Os Bolechas e preparar o fermoso xardín cheíño de flores que rodeou á máis fermosa ROSA-LÍA. En cada flor que decoramos escribimos unha palabra relacionada coa comida típica de Galicia que Rosalía escribíu no seu poema "Has de cantar" e que días máis tarde nos serviría para celebrar o Día da Poesía.
Neste trimestre tamén XOGAMOS COS NÚMEROS, o ABN permítenos achegarnos á lóxica-matemática dun xeito manipulativo con que gozamos moito con cada actividade e o máis importante... todos estamos deseosos de participar. Aquí nos tedes traballando: as sumas e problemas coas pezas do dominó, a descomposición dos números coa casiña, o dobre, os veciños, a numeración, ascendente ou descender, as familias, as decenas...
Neste trimestre animámonos a ser solidarios e moi atentos ás explicacións dos nosos compañeiros de 5º de Educación Primaria Anxo, Pablo e Martín coñecimos que é o Síndrome de Angelman, característica específia de EMMA irmá dunha alumna do noso cole. Ademáis pola nosa banda tamén lles demos a coñecer o por que de este nome. Tomouse do pediatra inglés Harry Angelman que describíu o síndrome por primeira vez.
Aquí nos tedes moi atentos e facendo a nosa aportación.
Comprobando que no CÓDIGO QR tamén podemos lembrar a explicación dos nosos compis.
Escribindo o importante que é axudar ao tratamento de Emma aportando tapóns e botes plásticos pero... non todos!. Os tapóns: os que teñen gravado un número menor que 6 e os botes que non teñen un punto abaixo .
E a canda a primavera chegou o DÍA DA POESÍA que preparamos con moito entusiasmo entre Margaridas e Bombeiros pois ensaiamos a "modo de regueifa" o poema "Has de cantar" de Rosalía de Castro. O recitado saíunos fenomenal!!. 
Aquí tedes o vídeo e... mirade que ben nos quedou a maleta con algúns dos versos.
  
A primeira sesión dos xoves, como sabedes, adicámola ás NOVAS TECNOLOXÍAS e coa profe Sonia achegámonos ao uso didáctico da pizarra dixital, á robótica e a gozar cos nosos deseños en realidade aumentada. Os descubrimentos feitos con anterioridade referidos ás carácterísticas de cada continente, dentro do PDI, inspiráronnos para imaxinar a nosa "viaxe en globo".

E rematamos este segundo trimestre presentando aos dous últimos compis en cumprir 4 aniños e aos "máis velliños", xa cos 5 aniños, que representan os nosos ANIVERSARIOS!!.
DANIEL E MARTÍN!!👏👏👏
LUCAS!!👏👏👏
PABLO!!👏👏👏
CANDELA, VERA E DÁMARIS!!👏👏👏

PARABÉNS MEUS PEQUECHOS E PEQUECHAS E A SEGUIR MEDRANDO!!

Ata aquí o noso segundo trimestre, días intensos, cheos de aprendizaxes que nos axudaron a formarnos en coñecementos, destrezas e relacións. Agora, despois de gozar destes días, retomamos con novos folgos a última etapa deste curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario