Esta semana empezou o terceiro trimestre e xa é o último destes tres cursos, que para min foron moi especiais con este grupo.
Por aquí seguimos moi activos, de feito, chegou á nosa aula un xogo novo, Fantasílabas. É un puzle para formar animais, coas letras e co debuxo, pero ten a peculiaridade de que tamén se poden formar animais inventados, así que gustoulles moito. A partir do xogo, elaboramos un traballo no que tiñan que escoller un animal, real ou imaxinario, debuxalo, escribir o seu nome e tamén escribir o que quixeran sobre o mesmo. Estas Vaquiñas teñen moita imaxinación!!
E tendo en conta que xa estamos na primavera, tinguimos arroz con témpera e fixemos unha mesa sensorial. Disfrutaron moito imaxinando, creando, escondendo obxectos...
Por último, tamén lles gustou moito facer pulseiras e levalas para a casa.
Ollade que intensa a nosa semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario