17 DE MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Estamos de celebración, unha celebración moi especial xa que conmemoramos o día das Letras Galegas. Un día que se adica á nosa lingua, o galego, e homenaxéase a persoaxes da historia de Galicia que adicaron a súa vida a promover esta lingua, xa sexa escribindo nela, impulsándoaa fóra das nosas fronteiras,...
Este ano, homenaxéase a
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
tamén coñecido como "Don Paco". Na clase das margaritas investigamos un pouquiño sobre esta persoa tan relevante na nosa lingua coa axuda dun video e dos carteis que estaban colgados no corredor do centro sobre a súa vida.
Unha vez coñecido a "Don Paco" descubrimos que escribiu un libro "Danzas populares gallegas" e, propuxémonos aprender un pouquiño dun baile típico galego: A MUIÑEIRA. Algúns dos nosos/as compis están aprendendo baile galego fóra da escola polo que nos botaron unha man. A bailar!!
Finalmente, todo o colexio decidiu bailar xuntos a canción de Uxía Lambona, "Esto bailase así".
No hay comentarios:
Publicar un comentario