jueves, 18 de mayo de 2023

DIA DA FAMILIA E LETRAS GALEGAS

 Esta semana fíxonos moita ilusión levar para a nosa casa o detalliño do Día da Familia. Unha libreta para debuxar e escribir moito (as dúas cousas nos encantan!), e un saquiño de lavanda. Ademais, na aula cada neno/a fixo un debuxo de si mesmo e despois colgámolos todos (nun fondo decorado con plástico de burbullas que lles encantou !), porque despois de tres anos xuntos/as xa se pode dicir que aquí tamén formamos unha gran familia... As lecturas da semana foron Familias llenas de amor e Familiando.

Tamén celebramos o Día das Letras galegas cun baile de Uxía Lambona e a Banda Molona, no que participou todo o centro e que foi moi emotivo (estade atentos á páxina da escola, porque se publicará o vídeo).  E para a semana levarán unha postaliña sobre as Letras Galegas, que non nos deu tempo de rematar estes días.


















































No hay comentarios:

Publicar un comentario