Pero... profe imos de excursión??.
Hai unhas semanas que Margaridas e Bombeiros faciamos esa pregunta ás nosas profes e... por fin chegouno o día tan agardado. Moi ilusionados subimos ao autobús e puxemos rumbo a Grixalba, unha aldea do concello de Sobrado dos Monxes. Antes dixemos adeus ás nosas familias que nos despediron ás portas do cole.
Logo de unha hora de viaxe no que tivemos tempo de "durmir" nos túneis e cantar preguntando "quen se fixo pis no saco de durmir?" chegamos ao noso destino. O primeiro foi librarnos das mochilas e recargar enerxía coa parva tan rica que nos prepararon as nosas familias e seguidamente... a explorar!
PRIMEIRAMENTE VISITAMOS OS ANIMAIS DOMÉSTICOS.
Entramos pola "palleira" na que nos ensinaron os rulos da herba seca que lles serve de cama e alimento aos animais e despois un grupo observamos os animais e outro grupo fomos facer o queixo.
Cousas curiosas: sabiades que o burro en realidade é un animal moi intelixente pois osma e avisa moi axiña do perigo e que... o cocho é moi limpo porque non dorme onde come nin onde fai cacolas? Sorprendente verdade??. Semella que ás veces empregamos algunhas palabras de xeito incorrecto.
Por certo o burro que coñecimos chámase Platero e a porca Pepa.
Tamén vimos ovellas, cabras, coellos, un cabalo, dúas vacas e un puchiño, unha oca, un pato e dous cans. A un deles chamado Thor non deixabamos de acariñalo.
DESPOIS TRANSPORTÁMONOS AO PASADO.
Entramos nunha casa antiga na que todo ou case todo era diferente ao que temos agora. Puidemos ollar as diferencias entre obxectos que, utilizándose para o mesmo que na actualidade, son moi diferentes. Como cambiou a vida de cando os nosos avós eran nenos a agora!!.
E despois do aprendido, xogamos a colocar a tarxeta co nome correcto a moitos dos obxectos: balde, tanque, fol, ferro de pasar, nateira... Gustounos moito aprender sobre o pasado.
E FINALMENTE ENTRETIVÉMONOS UN RATIÑO COS XOGOS POPULARES.
A carreira de sacos, o diábolo, os zancos, a corda... eran divertimentos de hai tempo e aínda que agora se adaptaron con novos materiais tamén poidemos probalos e... Pasámolo xenial!.
Pero entre medias de tan divertida xornada fixemos un descansiño para xantar. Aquí nos tedes e o certo é que, como xa nos demostraran no curso pasado, Bombeiro e Margaridas están feitos uns verdadeiros mozos e mozas. Mirade que responsables á hora de comer. As profes estamos encantadas de gozar destes momentos con eles.
E, despois de un día cargado de emocións e aprendizaxes, voltamos aos nosos fogares super contentos e tamén... algo cansos. Pero antes... despedímonos de Thor!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario