lunes, 5 de junio de 2023

O PDI DE MARGARIDAS E BOMBEIROS "COUCEIRISTAS POLO MUNDO", NO TERCEIRO TRIMESTRE.

           Hai un refrán que di "con auga e viño ándase o camiño" pero as Margaridas e os Bombeiros nestre trimestre, seguindo co percorrido pola alimentación no mundo, ímolo cambiar por "con PAN e ZUME ándase o camiño".

    Preguntarédesvos... por que?. Pois porque desde Senegal, Belén a mamá de Omar ensinounos os pasos de unha receita de zume super refrescante e con Christian....... o papá de LuKas preparamos pan típico de Alemaña.

    Despois de ter visitado Siria que está en Asia voltamos moi pretiño de nós, neste caso a Africa que está situada ao sur de España. Nas suas costas está o país do pai de Omar, SENEGAL



ELABORAMOS ZUME
    Desde alí Belén e Carla nos aportan información acerca das beneficiosas propiedades que ten para a nosa saude o ZUME DE XENXIBRE. Sabedes que o xenxibre é unha raíz que nos axuda a fortalecer a garganta e a loitar contra os catarros?.
    Despois de tocar coñecer o xenxibre observamos como se pela e se tritura.

    Claro está que nós somos moi pequenos para utilizar o coitelo e ese traballo tivérono que facer a mamá e a irmá de Omar. Porque poderiamonos mancar.
    Rematado o traballo máis duro olfacteamos o xenxibre e o certo é que ten un aroma característico e... moi rico!
    Unha vez troceado metimos o xenxibre en grandes recipientes aos que lles engadimos zume de piña, tapámolos moi ben e tivemos que metelos na neveira. Esa é a única maneira de que o aroma do xenxibre impregne o líquido e poidamos saborealo con todas as súas peculiaridades. 
Así que... rematamos esta xornada ollando un video sobre Senegal. E sabiades que ten enormes praias e alí se celebra gran parte do rally París-Dakar?
Pasadas vintecatro horas e moi frío o zume, chegou o momento de poñerlle o toque final que consitíu en engadir azucre ao gusto pois se non o fixeramos poida que nos picase moito na garganta (se aínda así nos pica un pouquiño é sinal de que a temos irritada e o xenxibre está a facer o seu efecto de medicina).
E para rematar e poder degustalo cómodamente vertémolo en vasiños axeitados e probámolo... con palliña!!.
Aquí nos tedes en pleno brinde: arriba, abaixo ao centro e a dentro!!
RECOPILATORIO
Aquí tedes a receta deste riquísimo e medicinal zume. Animádevos a preparalo na casa!. É super refrescante!!

    E para rematar a nosa VIAXE CULINARIA ao redor do mundo voltamos á casa, a Europa. En concreto a ALEMAÑA
    Desde alí Christian, o pai de Lukas, achéganos un dos moitos panes típicos deste país: o PAN BRETZEL. Este pan é parte da tradición da mesa do almorzo do sur de Alemania e Suiza. 
    Os papás de Lukas xa nos trouxeron a masa preparada porque debe repousar un tempo antes de ser cociñada (parecido ao que lle pasa ao zume de xenxibre). Nós tivemos que darlle forma.  
Posteriormente pasámola por auga fervendo con bicarbonato, o que lle vai dar a textura propia deste pan.
Adornamos con...

E forneamos!
    Mentres esperamos a que o noso pan estivese feito escoitamos moi atentos como Christian no ensinou un montón de cousas sobre o seu pais: onde está situado en relación a España, monumentos, bailes... 
Gozamos moitísimo desta xornada pero o que máis nos gustou foi o saboroso Pan  Bretzel que poidemos degustar coas nosas familias. 
RECOPILATORIO
Aquí vos deixamos a receita deste riquísimo pan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario