viernes, 26 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO

Dende o 22 ao 26 de abril conmemoramos a semana do libro. Para festexar esta conmemoración, Güino invitounos a participar na realización dun bookface, de xeito que nos fusionemos coa carátula dun libro. 

O libro escollido polas margaridas é : "O CARNAVAL DOS ANIMAIS"

Todos os nenos e nenas da nosa clase, convertíronse no protagonista deste conto: o león. 










E, para rematar a semana, APADRIÑAMENTOS LECTORES. 
Este venres, puidemos gozar da lectura que nos fan os maiores. Como o tempo non nos acompañou tivemos que desfrutar das lecturas dentro do corredor da escola  e non ao aire libre como tiñamos pensado, pero a experiencia foi incrible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario