lunes, 15 de abril de 2024

RECUNCHOS DO MES DE ABRIL

 Comezamos un novo trimestre e, con el, novas propostas de xogo para os nosos pequenos e pequenas. Propostas que nos permitan atallar unha morea de contidos mestres gozan xogando. Os recunchos para este mes son:


RECUNCHO LECTO-ESCRITURA: Xira e xira a ruleta para inventar palabras que comecen pola letra indicada e... descobre a palabra oculta. Traballando conciencia fonética e escritura espontánea.


RECUNCHO EXPERIMENTACIÓN: Co cambio de hora, a luz, a escuridade... neste recuncho ímos experimentar coas sombras e para iso precisamos unha lanterna, unhas pezas de construccións e unha tiza para ver o resultado. As sombras medran ou encollense segundo se separa a luz nos obxetos!!

RECUNCHO LÓXICO-MATEMÁTICA: Teremos que agudizar ben a vista para ataopar todos os debuxos iguais que están agochados no cadro, contalos e escribir o número correspondente de cada un. Que non se vos esqueza ningún!

RECUNHO DA ARTE: Voltaremos a convertirnos en pintores  e nesta ocasións, interpretaremos o cadro "El almendro" de Vicentre Van Gogh. A verdade é que temos moito talento nesta aula.

RECUNHO DA VIDA PRÁCTICA: Xa temos 5 aniños e é momento de aprender a atar os cordóns dos zapatos. Pois ben, este recuncho pretenden axudarlle a  coñecer a técnica para a atar os cordóns. Cun pequeno reforzo tamén dende a casa seguro que o conseguen axiña.

RECUNHO DAS CONSTRUCCIÓNS: Neste recuncho temos o xogo do Kenya con cores. Unha vez montada a torre temos que ir sacando as pezas da cor que nos indica o dado. Traballando a concentración, equilibrios, os turnos de xogo, o autocontrol da frustración,...

RECUNCHO DOS XOGOS DE MESA: Nesta ocasión temos tres propostas que levaremos a cabo. Son un mémori de insectos da primaveira,  un sudoku da primaveira e o xogo do tres en raia. Permitirannos traballar a atención, o razonamento, a memoria, a situación espacial, a espera nos turnos de partida, ... entre moitos outros contidos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario