Comeza a primaveira e para celebralo o bisavó de Julia veu ao cole para ensinarnos a tallar a madeira.
A verdade é que estamos alucinados e alucinadas coas maravillas que pode facer coa madeira, ver os cadros parece transportarnos dentro deles.
Esperade, isto non remata aquí, agora somos nos os que nos convertemos en talladores de madeira baixo as indicacións e a axuda de Manolo.
Moitas grazas por compartir con nós esta habilidade e achegarnos un pouquiño a este mundo.
MIL GRAZAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario