domingo, 17 de noviembre de 2019

VIVINDO A DISCAPACIDADE!. CURTAMETRAXE "CUERDAS".

Impresionounos moitísimo como a curtometraxe "CUERDAS" afondou nos corazóns dos nosos peques. Como esta historia de amizade entre Nicolás e María cautivou tanto a elefantes como a astronautras. Pedíronnos visualizala un montón de veces!. Era como, se cada vez que a volvían ver, descubrisen algo novo e fermoso.

Por este motivo quixemos profundizar un pouco máis no seu contido, nos valores de igualdade e solidariedade, do amor e amizade, na tenrura que transmite... sendo un espello da inocencia e da bondade sen filtros dos nenos e nenas destas idades. 
Valores que debemos eloxiar, reforzar e potenciar nos máis pequenos e que os maiores tamén debemos recuperar e practicar, sen esquecer xamais que todos somos PERSOAS.

Presentámosvos o noso pequeno dossier sobre este curto: 


Podedes ver como, ademais de lembrar a curtametraxe, quixemos achegarnos ás estructuras literarias que compoñen calquera filme ou conto. Partimos dos protagonistas para continuar matizando as partes: presentación, nó e desenlace, cunha pequena frase significativa da curta. 


E coma sempre, traballando desde unha perspectiva globalizada, esta actividade predispúxonos para comezar a converternos en pequenos guionistas e realizar as primeiras elaboracións de contos en grupo.
Verédelo en próximas entradas!.
Mentres, esta curtametraxe vai seguir acompañando as nosas aprendizaxes e actividades ao longo deste trimestre e, seguramente, ao longo das nosas vidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario