Comezamos, un curso máis, o préstamo de libros!.
Esta iniciativa pretende achegar contos, escollidos polo propio neno ou nena, á casa para ler en familia. A mellor forma de motivar e conseguir que os máis pequenos se interesen pola lectura é pasando un tempo agradable cos pais, avós, tíos ou irmáns ao mesmo tempo que len e, véndonos ler a nós.
Lembrade que se o conto non é devolto, non se poderá levar un novo para á casa.
Recordade tamén que os contos son para observar, ler ou escoitar pero nunca para pintar, romper ou xogar con eles.
"Hay que coidalos como coidamos a un amigo ou amiga", así todos poderemos gozar deles, vivindo numerosas aventuras e viaxando a lugares fantásticos coa nosa imaxinación.
DESEXAMOS QUE GOCEDES DA LECTURA COS VOSOS PEQUES!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario