E... avanzando o curso seguimos coas festas do outono. Toca celebrar o magosto e poñer a bailar os nosos peóns.
Aquí nos tedes amosando os nosos portacastañas decorados e... coma o tempo non nos deu unha tregua tivemos que degustar as deliciciosas castañas, a cuberto. Que boas estaban!!.
Finalizamos a xornada bailando os nosos peóns (os que trouxemos da casa e outros super guais que nos construímos con un tapón e un pauíño). É que somos moi creativos!
Pero... como aínda non se nos da moi ben bailar os peóns de verdade invitamos aos maiores do cole para que nos viñesen ensinar como se fai. GRAZAS SENAI!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario