domingo, 22 de diciembre de 2019

EMPEZAMOS EN 4 ANOS-RESUMO DE ACTIVIDADES

Con esta entrada queremos amosarvos unhas pinceladas do noso comezo de curso. Como xa nos coñeciamos e algúns de nos compartimos anaquiños de verán o reencontro foi estupendo, coma se non pasasen estes meses de lecer.
Os PRIMEIROS DÍAS adicámolos a: compartir experiencias, ensinar reportaxes do noso verán, observar os froitos da nosa plantación de fabas, gozar dos xogos no patio e na aula, compartir parva cos Elefantes (os nosos compañeiros de nivel) e descubrir os renovados recunchos de aula...
E tamén lembramos, como non, as nosas FESTAS DAS PERAS, das que elaboramos un pequeno proxectiño.
Sen embargo... co que gozamos un montón foi coa experiencia de COHESIÓN DE GRUPO: "SOMOS EQUIPO". Axudounos a recoñecer a importancia de contar uns con outros, de traballar unidos por un obxectivo común e de poñernos de acordo valorando as opinións dos demais.
Primeiro:

Tendo en conta o número de nenos e nenas que somos na aula repartimos en tres grupos diferentes botóns. Cada nena e neno colleu o seu botón ata que estiveron repartidos todos os botón. 
Segundo:
A medida que os iamos collendo enfiábamolos no noso amalló para ir uníndonos ata pechar o grupo recoñecéndonos como tal.
Terceiro:
Dirixímonos á nosa mesa porque ela será a nosa "nave de grupo" (como bos astronautas) e alí eliximos a un ou unha portavoz que será quen transmita posteriormente o nome elixido entre todos para o grupo.
Cuarto:
E como os grupos traballan polo ben común unímonos todos nun grande amalló que inclúe á profe, como supervisora destas tres naves que ao "acoplarse" entre elas darán lugar á "Gran Nave da aula dos Astronautas".
Finalmente:
Danzamos ao son da canción "Somos amigos" e decidimos os nomes dos nosos respectivos equipos: EQUIPO AMIGOS, EQUIPO ESPACIAL e EQUIPO ESTRELLITA tendo moi claro que como gran equipo os nosos obxectivos serán: compartir, xogar, querer, falar suave, coidarnos, debuxar xuntos, darnos bicos...
Aquí tedes unhas imaxes de todo o proceso:











E como ao pouco de empezar o cole empezou tamén unha nova estación: O OUTONO, dispuxémonos a decorar o corredor de infantil cuns fermosos pavos reais. Despois de visualizar un video destas maxestuosas aves o noso resultado foi este. (Sen tantas cores como na realidade porque para a nosa manualidade usamos as follas de outono e os rabiños delas para as patiñas. Aproveitámolo todo! e quedou estupendo!).









Ata aquí, os nosos primeiros días de curso que foron o preambulo a unha grande cantidade de actividades que foron xurdindo e que desde este blog vos amosamos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario