Déixovos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos, e tamén a receita, porque me insistiron moito os Mouchiños para que a publicara e a poidades facer vós na casa.
Ingredientes:
Cola branca
Bicarbonato
Pintura
Líquido de lentillas
Botades nun vaso unha pouca cola branca, engadides a pintura da cor que vos guste e remexedes ben. Despois engadides unhas gotas de líquido de lentillas (Mercadona) e un pouquiño bicarbonato. Revolvedes rápido. Se vedes que está moi líquida, engadides máis líquido de lentillas (non moito). Do que máis cantidade hai que botar é de cola, isto é o que determinará o tamaño do Slime.
Grazas pola receita, tenemos que facelo que a Xabi deulle moita pena perderselo
ResponderEliminarSabela, dille que non se preocupe, que cando volva facémolo tamén na aula. Esta semana houbo moitas baixas e temos ingredientes de sobra. Mándalle unha aperta forte para que se recupere pronto.
ResponderEliminar