O mércores, ao chegar das nosas vacacións, puxémonos moi contentos porque os Reis nos deixaron uns regaliños na aula e unha carta, explicándonos que a casiña era para escribir mensaxes aos nosos compañeiros/as, e as letras minúsculas para repasar e despois intentar escribilas. Como veredes máis abaixo, xa empezamos a darlles uso.
E hoxe fixemos neve!! Gustoulles moito, podedes preguntarlles, que xa vos contan eles a receita.
Déixovos unhas fotos destes primeiros días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario