domingo, 16 de febrero de 2020

ACTIVIDADES SOBRE DISCAPACIDADE VISUAL

Seguindo co PDI do centro, este trimestre en infantil estamos traballando sobre a discapacidade visual. Para iso, empezamos a través do Club das Letras co "Libro negro das cores". Límolo con antifaces, imaxinando así o que escoitábamos. A continuación xogamos a descubrir a algún compañeiro ou compañeira, tamén cos ollos tapados. Foi emocionante xa que aprendemos a poñernos na pel de quen non pode ver.

Falamos tamén de qué podíamos utilizar para descubrir o mundo se non podíamos ver e chegamos aos sentidos. Ulimos, tocamos, escoitamos diferentes elementos e materiais.

O día 11 de febreiro veu a realizar con nós unha dinámica unha rapaza chamada Uxía. Realizamos con ela un taller de sentidos, no que cos ollos tapados deberíamos descubrir sabores, texturas, olores... Uxía tamén non deixou un bastón e practicamos a utilizalo para desprazarnos. Foi realmente unha aprendizaxe moi enriquecedora!!

Por último, na mesa de experimentación da aula, seguimos a traballar os sentidos e, por parellas, traballamos con diferentes sabores, olores, texturas...clasificándoos unha vez descubertos segundo as cores que aparecen no libro co que iniciamos estas actividades (limón- amarelo, amorodos- vermello, café-marrón, azucre- branco e perixel- verde).


Aquí vos deixamos algunhas imaxes como proba da aprendizaxe das sereas, que cada día gozan máis coas actividades e valoran a diversidade de forma positiva para o seu desenvolvemento persoal.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario