Seguindo co PDI, este trimestre coñeceremos algúns aspectos sobre a Discapacidade Visual. Para iso, hoxe visitounos unha nova amiga. Chámase Uxía e veunos facer unha dinámica sobre este tipo de discapacidade para poder vivenciar en primeira persoa os sentimentos e emocións que podemos sentir, prescindinco do sentido da vista, comprendo así un pouco mellor a todas aquelas persoas con esta capacidade.
Con esta dinámica ímos poñer en funcionamento todos os nosos sentidos, sabendo empregar cada un no momento oportuno. COMEZAMOS!!!
SENTIDO DO OÍDO: O primeiro sentido que ímos traballar é o OÍDO, fundamental para entender as consignas verbais que as mestras lles indicaremos.
Cos oídos ven atentos e os ollos vendados con antifaces, faremos unha fila seguindo o son dun cascabel e dun silvato, agarrarémonos ao noso compañeiro colocando as nosas mans nos seus ombros e... conseguiremos que poida arrincar o noso tren para saír da clase e chegar á aula de psicomotricidade para seguir con máis xogos. Pasaxeiros ao tren!!!
Unha vez chegados á aula de psicomotricidade Uxía explícanos como empregan o bastón os cegos e para que lles serve. Lembrade que se nos atopamos cunha persoa pola rúa empregando o seu bastón, deberíamos ser corteses e deixalo pasar para que non tropece con nós. Elefantes e astronautas teñen claro que sempre que estea nas nosas mans debemos facilitar e axudar a todas as persoas que o precisen.

Agora é o momneto de empregar nós os nosos bastóns de cores. esto parece doado pero... é ben complicado. Precisa moitaaaaaaa práctica!!!
SENTIDO DO GUSTO: Cos ollos tapados, sen ver nada, fomos probando tres sabores diferentes (auga, batido de chocolate e batido de fresa). Saboreando e saboreando tiñamos que adiviñar o sabor correspondente. Ummmm, fixémolo xenial!!!
SENTIDO DO TACTO: As nosas MANS teñen moito que facer. Tocar, tocar e tocar. Que sentes? É liso ou rugoso? Cálido ou frío? Que será? Sábelo adiviñar? Co sentido do tacto podemos dar respostas a todas estas preguntas. Próbao!!!
SENTIDO DO OLFATO: Seguimos cos ollos tapados e tócalle traballar ao NARIZ xa que ten que ulir, ulir e ulir para adiviñar de que aromas se trata. Temos unha flor con perfume, un bote con mel, un guante con café, unha laranxa e un limón.
Tanto astronautas como elefantes teñen moi ben desenvolvidos os seus sentidos xa que o fixeron de maravilla, pasaron todas as probas con creces e, o máis importante, cos ollos vendados... case toda a actividade.
Moitas grazas Uxía, por estas actividades tan chulas. Volve facernos unha visita cando queiras. Agardámoste!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario