Están aprendendo a facer sumas con palillos, a maioría xa partindo da decena (pero sempre respectando o ritmo no que está cada alumno/a).Tamén pirámides, nas que para o conteo poden usar palillos, osiños, os dedos...o que queiran, o caso é que teñan estratexias e recursos para resolver situacións. Por outro lado, están facendo o que nós lle chamamos soles, a partir dun número, teñen que dicir con que cantidades conseguen formar ese número (eu recoñezo que é difícil, e déixolles usar os osiños ou o material que queiran, como expliquei máis arriba, aínda que moitos fano mentalmente!!!!!).
Tamén practicamos nunha táboa do 100 en branco e teñen que colocar os números no cadriño que corresponda. O que máis me gusta é que despois me piden ese xogo para facelo eles/as (a motivación, o motor máis importante para a aprendizaxe).
E como non todo vai ser mates, ao final déixovos unhas fotos do seu traballiño do día de San Valentín, porque o importante tamén é que a todos e todas nos queiran ben!!!
(E esta pizarra, que fixeron eles soíños, é o resultado de todo o traballo anterior)
Caramba canto están a aprender¡¡ Grazas María José por amosarnos todo o que aprenden.😊❣
ResponderEliminarDe nada, Sabela. Encántame ensinarvos o que fan os vosos pequenos e pequenas, e o que avanzan!
ResponderEliminar