Moi boas elefantes?
Estades todos ahí?
Siiiii?
Xa me parecía a min que si! Que estábades esperando a que como cada fin de semana vos mostrase os traballiños dos vosos compañeiros e compañeiras.
Pois non vos vou facer esperar máis e, como tiña pendente ensinarvos os traballaiños da semana das Letras Galegas aquí vos deixo unha pequena recopilación xa que traballades un montón.
Preparados, listos, ......
Por aquí chegan Matías e DAVID coas súas pitas. Lembrade darlle moito mainzo de comer para que siga poñendo ovos e poder facer con eles unha saborosa tortilla.
Estes dous elefantiños non paran, tamén fixeron traballiños como os do cole para traballar so números coa metodoloxía ABN, un ratiño de puzzles para coñecer as letras e moitas cousas máis.
Tamén me chegaron moitos traballiños de mesa coma os da clase, SÁLVORA escribeu ela soliña a palabra Galiña e fixo moi as sumas, contar e asociar a cantidade coa grafía e, recordando o concepto de decena. Moi ben!! ahh, e sen olvidarse do inglés.
Antes de rematar a entrada quero deixarvos un pequeno power point coas sementes das palabras gaelgas que maís lles gusta a cada neno, nena , mestre e mestra do Couceiro. Mirade cantas palabras podemos coñecer!!
Xa non quero entretervos máis, aproveitade para desfrutar do bo tempo e xogar en familia. A vindeira semana espérovos coas fotos dos xogos que tendes colgados no blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario