jueves, 28 de mayo de 2020

TRABALLIÑOS "COMA NA CLASE" PARA ASTRONAUTAS E ELEFANTES.

MOI BO DÍA ELEFANTES!!
MOI BO DÍA ASTRONAUTAS!!
ESTADES A GOZAR DO SOL?.
SEGURÍSIMO QUE SI. 
PERO LEMBRADE... VISEIRA E CREMA, SEMPRE!

Quedan pouquiños días para rematar este mes de maio. Un mes intenso que comezamos coa festa dos Maios e rematamos coa semana de Xogos. Polo medio traballamos na Horta, celebramos o día da Familia e tamén o día das Letras Galegas.

A profe Lidia e máis eu estamos a propoñervos ademais, actividades "coma no cole", que tentamos sexan o máis motivantes posibles e sobre todo integradas no que sería o desenvolvemento dunha xornada normal de clase: recunchos, lecto-escritura, lóxica-matemática...

Así que esta semana queremos rematar o mes COÑECENDO GALICIA!.

Unha proposta coa que pechamos este mes de maio, tan adicado a tradicións e aspectos importantes da nosa terra.

Desexamos que coma sempre, en familia, aprendades moito e reforcedes as destrezas adquiridas xa desde comezo de curso.

Aquí vos vai!:


Coma sempre non nos esquecemos de mandarvos unha aperta e un biquiño moi forte: un para cada Astronauta e un para cada Elefante.

Ah! e tamén para as vosas familias.


QUERÉMOSVOS MOITÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO!.


ENVIÁDENOS O QUE QUEIRADES AOS CORREOS DE AULA. ALÍ VOS ESPERAMOS!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario