martes, 13 de octubre de 2020

XA ESTAMOS EN 5 ANOS!. UN NOVO CURSO.

OLA FAMILIAS!

Instaladas xa no día a día escolar e poñendo a funcionar as engranaxes deste novo curso, as titoras de Astronautas e Elefantes, dispoñémonos como cada outubro (antes de xeito presencial), a amosarvos a traverso do blog: as principais características desta idade nos nosos nenos e nenas así como competencias a reforzar, o que aprenderán neste nivel e unha pequena visión do día a día na aula (tan influenciado polo Protocolo Covid).

Os dous primeiros documentos que aquí vos presentamos serían os que, na situación habitual, vos daríamos e sobre os que falaríamos cando vos citamos para a primeira titoría. O terceiro documento ten a súa orixe na situación actual que estamos a vivir e parécenos oportuno que coñezades aspectos do día a día que probablemente o voso fillo ou filla vos comente. 

Pedímosvos que os leades con atención porque, coma cada curso, axudaranvos a acompañar e reforzar as aprendizaxes da vosa nena ou do voso neno desde a casa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario