Boas familias! Xa queda pouquiño para que nos volvamos a ver e tiña pendente ensinarvos algunhas das cousiñas de nadal que fixemos.
Calendario de nadal. O Trasno Trapalleiro apareceu na nosa clase e deixounos esta sorpresa. Dende que comezou o mes de decembro, o encargado ou encaragada do día tiña que abrir o día correspondente e ver que actividade nos tocaba (pegatina, decorar a clase, ver unha película navideña, poñernos un tatu navideño, ...entre outras cousas!). Esta actividade serviunos para ir recoñendo números e para ir practicando coa lectoescritura intentando descifrar as notiñas que descubríamos cada día.
Decoramos a árbore e a galleta de nadal.
Practicamos o conteo e o recoñecemento de números.
Xogamos ao bingo de nadal
Fixemos adornos para a árbore de nadal de arxela branca
Lectoescritura e vocabulario de nadal
E tamén tivemos tempo de celebrar os aniversarios!
Parabéns para Olivia, Leire, Mohamed e Mohamed Salah que estiveron de cumple en outubro e para
Mateo, Gael e Ariel que estiveron en decembro!
Espero que o estedes pasando moi ben! Vémomonos prontiño. Moitos bicos!
Canto traballan estos piratas!
ResponderEliminar