viernes, 9 de abril de 2021

BENVIDA, PRIMAVERA!

Chegou a primavera á aula das Vaquiñas, e para celebralo tivemos unha semana moi divertida! Pintamos árbores, fixemos bolboretas e ata unha alfombra floral.

Descubrimos ademáis un conto moi bonito: Flores, de Hervé Tullet, e a partir das súas ilustracións sobre a temática primaveral, nós tamén fixemos as nosas propias produccións. Quedaron estupendas! 

E para rematar, tivemos que colocar os lunares das xoaniñas (co dominó), atendendo moito ós números que estaban escritos en cada unha delas  (para isto precisamos de moita atención, memoria, coñecemento das grafías, conteo, orientación espacial...).

Esta semana estivo tamén cargadiña de contos!

Ollade o ben que o pasamos!













































































2 comentarios: