viernes, 28 de mayo de 2021

A ROBÓTICA E A MÚSICA

 Esta semana tivemos unha sorpresa moi especial na clase de Música, coa profe Dolores. Trouxo á aula un blue-bot. A actividade consistiu en colocar o robot no centro e traballaron coas campás musicais, que xa coñecían. Cada tarxeta corresponde cunha campá, e cada neno e nena tiña que coller unha tarxeta e identificar a campá. Debían colocar o blue bot en dirección á tarxeta, e esta detrás da campá. E cada vez que lle daban á frecha en dirección á campá, tiñan que darlle tres veces e o blue bot desprazábase tres movementos. Unha vez que o robot chegase á campá tiñan que volver a tocar a campá como premio. Cada vez que lle tocaba a un neno novo, tiña que borrar os datos que tiña na memoria e darlle a orde de "go". Así que traballaron aspectos como a direccionalidade, programación, motricidade fina, atención, concentración...Como vedes, unha actividade moi completa!

Ademáis, celebramos o Aniversario de Pablo, que xa ten catro aniños!!!

E tamén preparamos un vídeo para o Proxecto do centro (Pontedeume: A nosa vila). Para isto, fixémonos pasar por presentadores e ademáis do vídeo, tamén fixemos unhas fotos para familiarizarnos co oficio (dásenos moito mellor sacar fotos que falar nos vídeos...pero aínda así, seguro que queda ben bonito. Verémolo para a semana que vén.































No hay comentarios:

Publicar un comentario