sábado, 5 de junio de 2021

PDI: PONTEDEUME, A NOSA VILA.

Todo COMEZOU co visita de Güino ás nosas clases. Trouxonos unha carta na que nos explicaba que quería  saber cousas sobre a nosa vila. Quería coñecer "todo" sobre Pontedeume xa que... está de aniversario! nin máis nin menos que 750 anos hai desde a súa  fundación. 

Güino encargounos a tarefa de investigar sobre os MONUMENTOS e, como era de esperar, Astronautas e Elefantes aceptamos encantados este reto.









O PRIMEIRO que fixemos foi pensar no que sabemos e coñecemos da vila na que vivimos: lugares importantes, o que máis nos gusta dela, que vemos desde onde vivimos... 

Plasmamos estas ideas do xeito que máis nos gusta... debuxando. Os nosos deseños serviron como aportación para a elección dos calendarios de peto por parte do Equipo de Dinamización Lingüística do cole.



COMEZANDO a nosa investigación, xurdíunos a primeria dúbida: 750 ANOS, SON MOITOS OU POUCOS ANOS?.

Tentamos contar ata esa cantidade pero... xa nos perdíamos!. Mellor empezar polo principio: canto tempo hai que se creou o mundo?, que aconteceu desde entón?, onde aparece Pontedeume?... 

Así demos en crear a... 


 
Acompañamos o estudo de cada época con vídeos moi interesantes e cos que descubrimos ou lembramos moitísimas cousas. 

Tanto nos gustou este traballiño que o completamos participando nun traballo cooperativo consistente en elaborar os murais que podedes ollar a continuación.


Así, esta investigación levounos a descubrir que PONTEDEUME,  A NOSA VILA FUNDOUSE NA IDADE MEDIA. 

IDADE de reis, raíñas, cabaleiros, condes, princesas... pero tamén de fermosas construccións.

Estas construccións como castelos, torres, pazos, casas... adoitábanse identificar con escudos representativos das familias ás que pertencían.  Sabíades que por todo Pontedeume hai diferentes escudos de pedra nas fachadas de moitos monumentos e dalgunhas casas?. 

Elefantes e Astronautas poidémolo comprobar por nós mesmos: primeiro nunha video conferencia na que Silvia (a guía turística de Pontedeume) nos explicou cousas super interesantes sobre a heráldica (que é o estudo dos escudos) e pouco despois cun fermoso roteiro pola vila.





















































Gozamos moito deste paseo e e das explicacións de Silvia e Oscar acerca do pasado medieval da nosa vila: escudos, muralla, pazo, portas da vila, torreón, convento, igrexas, Condes de Andrade...
Grazas por ensinarnos tantas cousas!

As PRODUCCIÓNS que recollen todo o aprendido iniciámolas creando un xogo co que agasallamos a Güino e que permanecerá na biblioteca do noso cole para que todos os compañeiros e compañeiras poidan coñecer máis é mellor o noso pobo.

O xogo titulase...
















Unha vez percorridas as rúas da nosa vila e despois do traballo de campo, toca facer os documentos persoais que recollan todo o aprendido. 
Realizamos así un pequeno proxecto sobre a Idade Media pero, relacionandoo, como era de esperar, con Pontedeume. 
Démoslle así un significado a cada recuncho e a cada monumento da historia da vila.







E xa para rematar, convertímonos nun dos gremios artesáns da idade media, en canteiros.
Fixemos unha maqueta sobre a muralla que na época medieval defendía Pontedeume dos ataques inimigos e, dentro, construimos con bloques lóxicos: casiñas, o pazo dos Condes de Andrade e o torreón. Foi moi divertido!!




E ata aquí a nosa investigación sobre unha parte da historia da nosa vila que, logo de descuberta a valorada, xa forma parte de cada un dos Elefantes e dos Astronautas así coma das súas mestras.

Deixámosvos con esta creación interactiva na que vós mesmos podedes mergullarvos, ao voso ritmo, no coñecemento un pouquiño máis profundo da nosa vila. 

E o mellor de todo... guiados por todos nós!!.

Desexamos que vos guste!












No hay comentarios:

Publicar un comentario