viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

 Esta semana estivemos traballando sobre o 25 N. A nivel de centro, xuntarémonos no patio a semana que vén e bailaremos xuntos a canción de Los Secretos "Déjame", iremos todos e todas cunhas pulseiras moradas nas que escribimos "unímonos", e a maiores fixemos unhas pancartas (xunto coa aula das Bolboretas) nas que escribimos frases e palabras en contra da violencia.

Tamén fixemos uns barquiños que levaron hoxe para a casa, e para rematar, elaboramos unha pequena instalación coas fotos dos nenos/as da aula. As súas caras simbolizan os berros contra a violencia, e as tiritas serían a cura contra a violencia. Os vosos pequenos/as pensaron e escribiron ideas moi bonitas. Ogallá se cumpran e non teñamos que seguir celebrando esta data...

Teño que darlle as grazas á Profe Carlota por recomendarme esta actividade e por seguir compartindo recursos aínda na distancia, e á Profe Sara, que foi a que tivo a idea orixinal.

As lecturas relacionadas con esta temática foron Rosa Caramelo e Yo voy conmigo.



































No hay comentarios:

Publicar un comentario