sábado, 19 de noviembre de 2022

Margaridas no outono.

BENVIDO OUTONO



Como todo na vida é un ciclo, comezamos un novo curso e...

 chegou novamente o OUTONO.



    Este curso pretendemos facer fincapé na idea de CICLO, fases ou estados polos que pasa un acontecemento ou fenómeno e que suceden no mesma orde ata chegar a unha fase ou estado e, os cales vólvese a repetir no mesmo orde e no tempo.

    O curso pasado xa comezamos a ver este concepto ao explicar que a Terra xira ao redor do sol e que tarda un ano en facelo. Seguimos avanzando un pouco máis e descubrimos que esa volta o redor do Sol xenera as estacións do ano e.... como  a Terra está xirando constantemente ao redor do Sol pola mesma órbita, as estacións tamén se suceden unha tras outra na mesma orde, ano tras ano, igual que os meses do ano.



    Pois ben, aproveitando que estamos no outono, mirade cantas cousas aprendimos con el: arte coas follas, palabras  e cores do outono, a súa paisaxe,  alimentos,...







    E, por suposto, non podían faltar as: TRADICIÓNS: samaín, magosto e peón.


SAMAÍN: Disfraces terroríficos, decoración de cabazas, lectura ás escuras e, este ano un novo reto (conseguir moco de sapo para a bruxa Bruxilda).







Esta pócema quedounos  asquerosaaaaa, moco de verdade!! Esperemos que lle  gusta á Bruxa Bruxilda!!

Ímos lle ter que preguntar á nosa compañeira e mestra MªJosé como fixera ela o curso pasado.



                              


MAGOSTO: Decoración da porta da clase, realización dos nosos portacastañas, xogamos a ser castañeiros/as e festa rachada.




PEÓN: A nosa primeira celebración con todos vós. Esperamos que o pasasedes xenial todos xuntos e que pronto se volva a repetir.

















CANTO TRABALLAMOS, CANTO NOS DIVERTIMOS, CANTO APRENDEMOS!!! 



VIVA O OUTONO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario