viernes, 20 de enero de 2023

INVERNO!

 Esta semana, como fixo tanto frío decidimos facer neve. Xa a fixeramos en tres anos, pero xa nos quedaba moi lonxe, así que volvemos intentalo e saiu moi ben! O importante tamén é que disfrutamos moito xogando con ela, e ata estaba fría!!

Tamén estamos aprendendo a atar os cordóns dos zapatos! Cústanos un pouquiño porque é un pouco difícil, pero estamos intentándoo!

Fixemos sumas con palillos e saíronnos moi ben!!! (cada un/a ao seu ritmo).

E por último, hoxe acordeime de que tiñamos aínda un xogo sen estrear, Polyssimo, un xogo de lóxica, xeometría, atención, cooperación...no que teñen 40 retos e deben colocar as pezas según aparecen nas tarxetas e a partir de aí, completar as que faltan. Aínda non nos deu tempo de xogar a todos/as, así que para a semana próxima, seguiremos. 













































No hay comentarios:

Publicar un comentario