viernes, 13 de enero de 2023

VOLTAMOS (XOGANDO E APRENDENDO) E ANIVERSARIO DE ANTÓN

A volta das vacacións do Nadal deixounos algún agasallo (e outros que irei sacando pouco a pouco), así que esta semana seguimos xogando moito e tamén aprendendo. Un puzle de 100 pezas, que lles gustou moito e que xa construíron moitas veces (na nosa clase este regalo é un éxito asegurado); o Logic Case, un xogo no que se presentan diferentes e acertixos e co que se traballa o pensamento lóxico, a concentración, a atención ou a axuda mutua; e por último, o Buildzi, que polo de agora foi o que máis éxito tivo. É un xogo de construcción no que teñen que facer torres (e intentar que non caian) seguindo o modelo das tarxetas, con el traballamos a atención, a coordinación óculo-manual, a orientación espacial, o traballo en equipo ou a tolerancia á frustración.

Tamén fixemos algunha pirámide de sumas e decoramos un pouquiño a aula, porque cambiamos de estación! Aproveitamos para escribir un refrán do inverno e entender o seu significado.

E hoxe celebramos o Aniversario de Antón, o maior da clase! E estivemos debatendo se tamén o maior de Infantil!!!!

Ollade que ben o pasamos!














































































No hay comentarios:

Publicar un comentario