viernes, 21 de abril de 2023

SEMANA DO LIBRO

 Esta semana dedicámola ós libros, algo que nos encanta! Fixemos un marcapáxinas que levamos para a casa e dous dos contos destes días foron Bicho Pelota e La vaca que ganó un premio. Sobre todo o primeiro tivo moito éxito, así que fixemos unha pequena obra con el. Gustoulles moito, pero creo que aínda lles emocionou máis o noso vídeo de chistes! (ultimamente contan moitos chistes e pensei que sería unha boa idea...). É longo, porque se entusiasmaron e despois xa non querían parar! Espero que os disfrutedes tanto coma nós!

E hoxe viñeron a buscarnos á nosa aula os nenos/as de 5º de Primaria para contarnos un conto, así que saímos ao patio de herba que está diante da escola, xunto co resto de compis do centro e cada alumno/a maior escolleu un conto para lerlle aos pequenos da escola. E ao rematar, agasalláronos tamén cun marcapáxinas. Foi moi emotivo, sobre todo ver que podemos volver facer actividades xuntos/as.


































No hay comentarios:

Publicar un comentario