lunes, 17 de abril de 2023

O PDI DE MARGARIDAS E BOMBEIROS "COUCEIRISTAS POLO MUNDO", NO SEGUNDO TRIMESTRE.


    Durante este Segundo Trimestre o alumnado das aulas Margaridas e Bombeiros puxémonos os gorros de "chefs" e "máns á masa". 
    Verdadeiramente as nenas e nenos fomos os protagonistas directos, xunto coas nosas familias e as mestras,  desta parte do PDI que, desde principio de curso levamos adicando á ALIMENTACIÓN POLO MUNDO.
   
    Comezamos tomando como referencia o conto: ¿DONDE COMEMOS HOY? para írmonos adentrarnos nunha viaxe culinaria, cociñando e degustando algunha comida típica de países diferentes ao noso. 

A PRIMEIRA PARADA, igual que a do coelliño do conto, foi... ITALIA 


APRENDIMOS MOITO SOBRE ITALIA:  É un país que está en Europa, nel vivíu Antonio Vivaldi, ten forma de bota... e as comidas máis coñecidas deste país no resto do mundo son a PIZZA e a PASTA. Moitos de nós xa 
sabemos cociñar pizza con mamá e papá.
 


OBRADOIRO DE COCIÑA: Consistíu en cociñar unha riquísima PIZZA. Primeiramente, precisamos dunha receita de cociña. Este paso foi bastante doado xa que, como dixemos, a maior parte dos bombeiros e das margaridas xa fixeramos algunha vez pizza nas nosas casas. Así que, postos dacordo nos ingredientes e na orde dos mesmos, puxémonos máns á obra. Botade un ollo á nosa receita para probar a facer na casa unha pizza tan boa como a nosa.

MANUALIDADE: Como vos turistas, cando viaxamos a algún país traemos algún agasallo recordo da nosa vaixe. Pois ben, nesta ocasión trouxemos un "pizzapapeis" con forma de... pizza!!. Así nunca esquecederemos esta viaxe. 
Va que nos quedaron chulísimos?.
RECOPILATORIO: Para non esquecer todo o aprendido decidimos plasmalo nun tríptico a modo de guía turística que acompañamos coa receita da pizza.
E VOANDO VOANDO atravesamos o océano atlántico para chegar, acompañados de Andrea e Lola a ARXENTINA

COÑECIMOS ARXENTINA
 da man de Andrea que nos explicou que Lola, a súa irmá e os seus papás viviron na capital dese gran país, Bos Aires. É unha gran cidade, demasiado grande, con un gran parque e un gran planetario pero eles tiñan ganas de virse a Galicia porque é a terra dos seus antergos: avós, tios, primos... Ademáis aquí vívese máis cerca do campo e con máis tranquilidade e non rodeados de grandes edificios.
Andrea e Lola contáronnos que nese gran país que é Arxentina o tempo varía dunhas zonas a outras e así tamén varían as comidas pero algo do que gozan en calqueira momento as súas xentes é do MATE, unha infusión feita con herba mate e auga fervida que se toma na "cabaza ou mate" cunha "bombilla". Aquí temos a Lola amosándonos todo o necesario para facer un delicioso mate.
A herba unha vez metida na "cabaza" hai que axitala para sacarlle o po que queda pegado na palma da man.
Inclínase un pouquiño e bótaselle auga fervida.
Introdúceselle a "bombilla" e cébase sorbendo un pouco.
Cando asenta a auga gózase do sabor do mate. Se o notamos un pouco forte podemos engadirlle azucre.
OBRADOIRO DE REPOSTERÍA.
Seguindo as instrucións de Andrea e coa axuda de Lola, experta en doces, elaboramos un doce típico de Arxentina: os PASTELIÑOS DE MARMELO. Son moi doados de facer. Ollade as fotos e consultade a nosa receita para facelos na casa.
E para darlle o toque final a estes deliciosos pasteliños confeccionamos a bandeira de Arxentina con todo o necesario  que nos aportaron Lola e Andrea. Mirade que boa presentación i é que... xa se come coa vista!
MOITÍSIMAS GRAZAS A ANDREA E LOLA POR TODO O QUE NOS ENSINÁCHEDES!!
XA COÑECEMOS UN POUQUIÑO MÁIS DESTE MARAVILLOSO PAÍS CO QUE COMPARTIMOS TANTAS COUSAS.
RECOPILATORIO: Aquí vos amosamos todo o que aprendimos de Arxentina, incluída a receita.

E de seguido... mudamos de continente!. Estamos xa iniciando Asia, no oriente próximo. Alí nos levaron Sara e Breogán. En concreto a SIRIA.
Siria é un país situado ao leste de España, moi pequerrechiño no mapa pero moi grande en cultura e tradicións. Destas terras sirias e xordanas foron os avós maternos de Breogán e polo tanto a familia de Sara.

OBRADOIRO DE REPOSTERÍA.
Alí se cociñan unha galletas de sésamo que están boísimas e que en árabe se chaman BARAZEK.
Para cociñar este riquísimo postre tivemos que empregarnos a fondo e colaboramos todiños: amasando, batendo, dando forma...
E adornando con sésamo, unha semente que non coñeciamos pero da que gozamos moito polo seu sabor.


E mentres as galletas se forneaban escoitamos moi atentos a explicación sobre como é o país de onde procede este postre, cal é o seu idioma, como se saúda e moitas cousas máis. 
Finalmente e agardando con paciencia poidemos degustar as Barazek e levarllas a probar á nosa familia.
RECOPILATORIO: Aquí tedes a receita destas estupendas galletas que podedes desgustar na vosa casa e unha pouquiña información deste maravilloso país.

E... xa estamos a preparar o Terceiro Trimestre no que remataremos esta "riquísima viaxe" polo mundo a traverso da súa cociña. Vémonos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario