lunes, 17 de febrero de 2020

MATES E MÁIS

A pesar de que estes días estamos moi ocupados cos preparativos do Entroido, fago un parón para mostrarvos o traballiño de mates dos vosos pequenos e pequenas,  sobre todo porque sempre publico moitas cousas de lectoescritura, e moi poucas do seu traballo matemático, no que tamén están facendo un esforzo importante. Non deixan de sorprenderme día a día. Explícovos un pouco, aínda que xa o iredes vendo vós nas fotos (unha imaxe vale máis que mil palabras):
Están aprendendo a facer sumas con palillos, a maioría xa partindo da decena (pero sempre respectando o ritmo no que está cada alumno/a).Tamén pirámides, nas que para o conteo poden usar palillos, osiños, os dedos...o que queiran, o caso é que teñan estratexias e recursos para resolver situacións. Por outro lado, están facendo o que nós lle chamamos soles, a partir dun  número, teñen que dicir con que cantidades conseguen formar ese número (eu recoñezo que é difícil, e déixolles usar os osiños ou o material que queiran, como expliquei máis arriba, aínda que moitos fano mentalmente!!!!!).
Tamén practicamos nunha táboa do 100 en branco e teñen que colocar os números no cadriño que corresponda. O que máis me gusta é que despois me piden ese xogo para facelo eles/as (a motivación, o motor máis importante para a aprendizaxe).
E como non todo vai ser mates, ao final déixovos unhas fotos do seu traballiño do día de San Valentín, porque o  importante tamén é que a todos e todas nos queiran ben!!!

































































(E esta pizarra, que fixeron eles soíños, é o resultado de todo o traballo anterior)












2 comentarios:

  1. Caramba canto están a aprender¡¡ Grazas María José por amosarnos todo o que aprenden.😊❣

    ResponderEliminar
  2. De nada, Sabela. Encántame ensinarvos o que fan os vosos pequenos e pequenas, e o que avanzan!

    ResponderEliminar