jueves, 30 de abril de 2020
TRABALLIÑOS PARA OS MOUCHOS E OS PEIXIÑOS
Ola familias:
Como estades? Espero que sigades todos e todas ben!
Debido a que estes días algúns de vós nos pedides recomendacións para traballar na casa, decidimos enviarvos estos ficheiros por se queredes facelos cos vosos pequenos e pequenas. Para isto, debedes ter en conta varias cousiñas:
-Non son obrigatorios, se non queren non os forcedes a facelos.
- Son bastantes fichas, pero por favor, non queremos agobiarvos, intentamos que sirva de axuda. Podedes facer unha ficha, todas, varias ou ningunha, como xa dixemos é optativo e a modo de suxestión, por se vos pode axudar.
-Son dous ficheiros de lectoescritura. Do primeiro xa fixemos algún traballo, así que xa o coñecen. É interesante porque vai avanzando na dificultade. Tamén poden escoller eles a ficha que máis lles guste ou motive (eso como vexades vós).
- O segundo ficheiro, fixémolo con moita ilusión, pensando na volta ás aulas.... É de Illa Fantasía, e pensamos que a eles tamén lles fará ilusión. Trátase duns traballiños sobre as Mulleres Poderosas que ían acompañar á Capitá Mariana no seu galeón dourado (O Stella Maris). Teñen que completar palabriñas en cada ficha e despois colorear. Para que saibades como completalo, mándovos a maiores a solución (no último pdf, mirádeo ata o final porque aí veñen as frases completas, e suliñado o que teñen que escribir).
- Para facer calquera dos traballiños, nós recomendamos que non copien, senón que intenten facela por si mesmos, pensando en como soa cada palabra (así era como faciamos na aula). Se se equivocan, non pasa nada, lembrade que están aprendendo.
- Lembrade que estamos para axudarvos no que precisedes.
- Unha aperta enorme.
-Querémosvos moito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Que ilusión!! Retomar isla fantasia, muchas gracias profes, echamos de menos el cole y veros, nos queda una fiesta de despedida pendiente.Gracias por las actividades, por preocuparos y por estar ahi. Un beso grande
ResponderEliminarMoitas grazas por estas actividades que nos serán de gran axuda. Canto vos botan de menos....unha aperta
ResponderEliminarAlégrome que vos guste!!! Nós tamén os botamos moito de menos....
ResponderEliminarUnha aperta enorme!
Moitas grazas profes. Grazas polo voso traballo e por preocuparvos dos peques. Bótanvos moito de menos. Un bico moi grande.
ResponderEliminarGracias profes pir estar ahi dandonos ideas para facer estos dias mais levadeiros e o mesmo tempo os nenos non perdan todo o que aprenderon no cole. Moitos bicos
ResponderEliminar